Traballamos con aparatoloxía de última xeración
Ninguén é coma ti, ese é o teu poder
Experiencia e innovación en LB Equipo Estético
En LB Equipo Estético traballamos coa última tecnoloxía para asegurar os mellores resultados en todos os nosos tratamentos. Ponte en contacto con nós e coñece da man dos nosos profesionais todos os nosos tratamentos.
INDIBA
INDIBA é un tratamento que funciona con radiofrecuencia, na frecuencia de 448 KHz, e que leva no mercado sobre 35 anos.
Grazas a este tratamento xa son moitas as persoas que conseguen recuperarse con máis rapidez das súas lesións, xa sexan de caracter estético ou fisioterapéutico.
A tecnoloxía de INDIBA básase na aplicación de hipertermia que activa a circulación sanguínea nutrindo e revitalizando as células.
CRIOLIPÓLISE
A criolipólise consegue eliminar as células adiposas grazas o enfriamento cunha aplicación supercial. Este tratamento non é invasivo e, como a liposucción quirúrxica, é 100% efectivo e os resultados son visibles tras tres meses de aplicar o tratamento. Algunhas veces, nos casos máis resistentes, os reusltados son visibles tres meses despois da segunda sesión.
Complementando este tratamento con masaxes de drenaxe linfático, poderás recuperar a túa figura eliminando as zonas rebeldes.
PRESOTERAPIA
A presoterapia é un tratamento que aplica presións de aire en diferentes partes do corpo para axudar ó drenaxe linfático. Ademais, é beneficiosa para a circulación sanguínea e axuda a relaxarse.
MICRONEELDING
Esta técnica incrementa de xeito moi significativo o paso transepidérmico dos principios activos que necesitemos empregar en tratamentos faciais, corporais ou capilares.
O dispositivo é totalmente seguro, rápido e eficaz, permitindo a regulación da profundidade e velocidade da micropunción para adecuarse a cada tratamento. Conta ademais cunhas agullas dun só uso concebidas co tamaño óptimo (12mm.) para vehiculizar os activos que empregamos tendo en conta o seu peso molecular. Feito crucial que transforma a permeabilización da barreira cutánea na súa función principal. EFICACIA CLÍNICA DEMOSTRADA.
IPL + RF
É un tipo de láser que difire do normal en que elimina mellor o pelo máis claro ou rubio, costándolle menos que a un diodo. *incluso a pelusilla superficial.
É máis versátil e elimina todo tipo de pelo grazas á súa lonxitude de onda variable coa que consegue abarcar dende o pelo máis negro ata o máis claro.
Incluso se unha tipoloxía de pelo escura (que en principio veríase beneficiada en unha ou dúas sesión menos si empregásemos o láser convencional) cambia, e ó longo do tratamento vaise afinando ou mudando máis clara; o IPL vai ser en definitiva moito máis eficaz.
Ademais de todo isto, esta fototerapia permítenos traballar a nivel de hiperpigmentación para corrixir manchas e blanquear zonas como as axilas; ou levar a cabo un tratamento de rexuvenecemento facial, co que a pel queda máis tersa e sobre todo máis luminosa.

Paleta Ultrasónica
A Paleta de Ultrasonidos é un dispositivo que contribúe á eliminación de células mortas presentes na superficie da pel empregando un sistema de vibración mecánica.
H.I.F.U
É o tratamento máis avanzado para traballar contra o envellencemento cutáneo, a flacidez facial e corporal,e a celulite.
Con el somos capaces de profundizar ata o tecido conectivo, graxa subcutánea e intra-abdominal.
Consiste na aplicación de ultrasóns focalizados de alta intensidade sobre a pel, concentrando a súa enerxía nun punto diana pero sen afectar ao tecido superficial e provocando un efecto térmico e mecánico que é simultáneo e sinérxico.
Xeramos con isto a temperatura óptima para provocar a reestructuración proteica do coláxeno e elastina xa existentes, e a activación dos fibroblastos responsables da formación destas sustancias; conseguindo a reparación natural da pel por si mesma e fomentando de xeito duradeiro que manteña un bo ritmo de división celular prolongando a xuventude da zona tratada.
Ondas de choque
A tecnoloxía deste equipo baséase en xerar unha onda acústica caracterizada por un elevado pico de enerxía regulable en un rango determinado de frecuencia. A través de de impulsos electromagnéticos xeramos unha presión mecánica que se traslada á zona interesada e irradia o seu tecido.
Isto provoca unha reacción natural de bioestimulación no tecido infuíndo positivamente nun rango de condicións antálxicas (alivian a dor) que aluden ó sistema músculo-esquelético.
Ademais deste benestar global, as súas aplicacións estéticas son a osixenación do tecido, a reducción de edemas e a estimulación da lipólise.

Láser azul
Consiste nunha técnica fototerápica revolucionaria e moi efectiva que corrixe e elimina distintas imperfeccións estéticas como arañas vasculares e manchas; e lesións dermatolóxicas benignas como acrocordóns, verrugas ou hiperplasias.
Para valorar o teu caso consúltanos; xa que contamos co asesoramento dun equipo de dermatológos e a colaboración dunha técnico especializada. Terás do noso equipo unha resposta persoal e individualizada.
Depilación eléctrica
É un método considerado definitivo xa que o tipo de corrente que aplica vai deixando progresivamente ó folículo sen capacidade de rexenerarse (electrólise).
Ideal para para esos poucos pelos máis rebeldes tanto escuros como canosos e tanto finos como grosos.
Bellaction Duo
É un equipo de masaxe fisioactiva tanto facial como corporal que consegue chegar ós tecidos máis profundos,como a musculatura ou o tecido adiposo onde se atopa a celulite máis rebelde, destruíndoa e favorecendo a súa drenaxe, tonificando e osixenando a pel e reducindo a flacidez.
Ao mesmo tempo que reafirma, remodela, eleva, elimina os líquidos retidos e minimiza as tensión musculares e contracturas. Potencia con todo isto a nosa figura e tonifica as fibras musculares e todo o sistema vascular. Todo no mesmo tratamento!
Microblading
Ésta novedosa técnica de maquillaxe semipermanente permite a creación dun deseño das cellas totalmente adaptado a cada persoa.
Realízase depositando manualmente mediante unha pluma ou inductor, un pigmento na dermis papilar. O “pelo a pelo” acada un equilibrio e armonía que por sí mesmos enmarcan o rostro dotándoo dunha expresividade enteiramente natural.
Compleméntase co MICROSHADING (efecto sombra) que intensifica a cor das cellas e mellora a súa forma.
Ademais permite embelecer o contorno dos beizos ou marcar o delineado dos ollos armonizando o rostro e conseguindo o ansiado efecto de abrir e despexar a mirada
