Image header Left

Si, é o teu momento

Image header Right

Instalacións de LB Equipo Estético

Ninguén é coma ti, ese é o teu poder

Espazos deseñados para ofrecer o mellor servizo

Nas instalacións de LB Equipo Estético atoparás un espazo deseñado para garantir a túa comodidade e tranquilidade, dende que entras na clínica ata que saes.

Poñemos a disposición dos nosos clientes unha zona adicada ás valoracións personalizadas e tamén un despacho de atención nutricional, así como cabinas adaptadas á aplicación de tratamentos estéticos, un gabinete médico no que a doutora leva a cabo os diagnósticos e procedementos de medicina estética e tamén contamos cunha sala de actividades, onde o noso adestrador realiza as rutinas e adestramentos individualizados.

As nosas instalacións están adaptadas a persoas con algún tipo de diversidade funcional.

Que atoparás en LB Equipo Estético?

Valoracións personalizadas

Asesoramos ós nosos clientes nunha zona privada para garantir a súa total comodidade.

Despacho de nutrición e sala de actividades

Contamos con espazos diferenciados nos que ofrecemos servizos de nutrición e adestrador persoal.

Gabinete médico

Os tratamentos de medicina estética reciben a súa valoración no noso gabinete médico.

Cabinas de estética

Os tratamentos de estética son realizados en cabinas completamente equipadas.

Instalacións

  • Imagen de las instalaciones
  • Imagen de las instalaciones
  • Imagen de las instalaciones
  • Imagen de las instalaciones
  • Imagen de las instalaciones
  • Imagen de las instalaciones

Asesoramento personalizado en tratamentos estéticos

Antes de realizar os nosos tratamentos, ofrecemos ós nosos pacientes unha consulta na que poñemos en común ideas e coñecementos, co fin de atopar o mellor método para conseguir o obxectivo desexado.

Presentamos os nosos servizos, aportando información necesaria para seleccionar o tratamento que mellor se adapte a cada caso. Grazas á experiencia do noso equipo, en LB Equipo Estético, atoparás o apoio e asesoramento que precisas.

Ponte en contacto connosco e ven a coñecer as nosas instalacións de primeira man.

As mellores instalacións coa mellor aparatoloxía

Na nosa clínica de medicina estética en Boiro, contamos coas mellores instalacións, completamente adaptadas ás necesidades dos nosos clientes e, ademais, tamén dispoñemos da aparatoloxía máis punteira do mercado.

O éxito dos nosos tratamentos ten a súa orixe na combinación da nosa experiencia e do uso de aparatos modernos, os cales nos permiten adaptar os tratamentos ás necesidades dos nosos clientes.

Visita LB Equipo Estético e deixa que os nosos profesionais che proporcionen toda a información que precisas.