Image header Left

Si, é o teu momento

Image header Right

Tratamentos de medicina estética en Boiro

Ninguén é coma ti, ese é o teu poder

Confía na medicina estética para conseguir a imaxe que desexas

Na actualidade, as persoas somos máis libres e hai menos prexuízos para lucir a apariencia física que desexen, neste ámbito a medicina estética xoga un papel moi importante.

Este tipo de tratamentos son cada vez máis populares e desexados pola xente, grazas ós resultados positivos que proporciona. Dende LB Equipo Estético coñecemos os fins da medicina estética: a restauración, o mantemento e a promoción da estética, da beleza e a saúde mediante o emprego de prácticas médicas e de pequeno intervencionismo.

Para conseguir un asesoramento personalizado de medicina estética, non dubides en pedir unha cita co noso equipo de profesionais.

Tratamentos corporais

  • Mesoterapia corporal A mesoterapia corporal é un tratamento de medicina estética que consiste na aplicación de activos dérmicos coa fin de reducir a graxa localizada, a celulite, a pel de laranxa...
  • Lanluma Este tratamento consegue principalmente reafirmar a zona na que se aplica, e polo tanto unha remodelación da mesma; xa que promove a producción natural de coláxeno.
  • Fíos tensores Os fíos tensores axudan a reducir a flaccidez da pel do corpo, como por exemplo, nos muslos, conseguindo un efecto tensor.
  • Criolipólise A cripolipólise médica reduce a grasa mediante un proceso de enfriamento, localizando as células grasas e destruíndoas sen danar o texido que as rodea.
  • PRP, estimulación e reafirmación da pel Este tratamento axuda a producir coláxeno e elastina, revitalizando e proporcionando elasticidade á pel.
Tratamentos corporais

Tratamentos faciais

  • Bótox A principal función da toxina botulínica consiste en relaxar os músculos do rostro para conseguir a eliminación e atenuación de enrugas e prever a súa aparición.
  • Mesoterapia A mesoterapia facial consiste nas microinxeccións de vitaminas e outros principios activos para mellorar a calidade da pel y así tratar o envellecemento da pel do rostro.
  • Peeling químico Co peeling químico poderás recuperar a xuventude e vitalidade da pel coa aplicación dunha solución química que elimina as capas superiores que están danadas.
  • Rexuvenecemento facial Se o que buscas é conseguir unha apariencia máis xoven na pel, este tratamento é perfecto para ti.
  • Labioplastia (ácido hialurónico) Co ácido hialurónico podemos conseguir aumentar o volumen dos labios cun resultado natural e sen cicatrices.
  • Recheo de Ácido Hialurónico e hidratación Con este tratamento poderás mitigar as enrugas da pel do rostro e aportar un extra de hidratación.
  • Ellansé Este tratamento é un recheo de última xeración que xenera coláxeno e elastina, conseguindo un efecto tensor sen xerar volume.
  • Fíos tensores Os fíos tensores proporcionan un efecto lifting facial co que poderás lucir unha pel máis xoven e tersa con efectos inmediatos.
Tratamientos faciais

Tratamentos capilares

Se estás buscando un tratamento para loitar contra a caída do cabelo, non dubides en poñerte en contacto con LB Equipo Estético e preguntar polo noso tratamento PRP, o cal serve para tratar a perda de pelo.

Os nosos especialistas estudarán o teu caso e daranche a información que precisas para comezar un tratamento contra a perda de pelo.

Tratamentos capilares