Image header Left

Si, é o teu momento

Image header Right

Tratamentos de estética de LB Equipo Estético

Ninguén é coma ti, ese é o teu poder

Estética avanzada

No noso centro de medicina estética en Boiro, atoparás unha serie de servizos entre os que diferenciamos tratamentos corporais, tratamentos faciais e tratamentos capilares.

Todos os tratamentos de estética avanzada son realizados por profesionais cunha ampla experiencia no sector, quenes poderán aconsellarte e realizar o procedemento adecuado para ti.

Tratamentos corporais

  • INDIBA O tratamento de INDIBA pódese aplicar en diferentes zonas do corpo, conseguindo unha remodelación da silueta.
  • H.I.F.U Aparatoloxía de última xeración que emprega os ultrasóns focalizados (precisos) e extremadamente potentes mellorando de xeito inmediato os tratamentos de remodelado corporal e rexuvenecemento facial cunha firmeza que se aprecia dende a primeira sesión sen perder a naturalidade das faccións. É o Lifting sin ciruxía.
  • Ondas de choque As ondas de choque son útiles e efectivas para tratar diversas imperfeccións da pel do corpo.
  • Bodyshock Co tratamento Bodyshock poderás combater a celulite en diferentes graos, obtendo os mellores resultados.
  • INNOVATIVE Con tratamento corporal INNOVATIVE pódense tratar os efectos da celulite e remodelar a silueta.
  • Saco-sauna Este saco permite eliminar as toxinas do noso corpo, conseguindo a perda de volume e a mellora da circulación.
  • Maderoterapia Durante este tratamento estimúlanse diferentes zonas do corpo con utensilios de madeira para aliviar dores musculares e articulares.
  • Presoterapia Coa presoterapia conseguimos mellorar a circulación linfática, osixenando os tecidos e recuperando a elasticidade.
  • Peeling corporal e hidratación Co peeling e a posterior hidratación conseguirás unha pel suave, nutrida e radiante.
  • Microneedling O microneedling é un tratamento que combate o envellecemento da pel e tratar cicatrices, mellorar o aspecto das estrías, arrugas...
  • Envolturas Realizamos diferentes envolturas que permiten ós nosos clientes presumir de pel radiante e hidratada.
  • Bellaction Duo É un equipo de masaxe fisioactiva tanto facial como corporal que consegue chegar ós tecidos máis profundos, como a musculatura ou o tecido adiposo. Reafirma, remodela, eleva, elimina os líquidos retidos e minimiza as tensións musculares e contracturas.
Tratamentos corporais

Tratamentos faciais

  • Hixiene facial Desincrusta os poros, limpa en profundidade e elimina as impurezas da pel do rostro.
  • Hixiene facial + hidratación Elimina a sucidade do rostro e proporciona un extra de hidratación.
  • Hixiene facial + INDIBA Despois da limpeza, aplicamos o tratamento indicado en cada caso mediante INDIBA, para obter resultados inmellorables.
  • Microdermoabrasión É un sistema de peeling que se leva a cabo cun cabezal de punta de diamante e que acada un gran resultado homoxeneizando a textura cutánea e pulindo imperfeccións.
  • Carbón Activo con Láser A combinación destas dúas técnicas é ideal para conseguir unha pel luminosa e corrixir imperfeccións hiperpigmentarias (manchas) e cicatrices (marcas de acné).
  • Tratamento Seborregulador Abarcamos todo o proceso de saneamento da pel, dende desincrustar os poros ata a reestructuración funcional de todo o tecido para lograr o equilibrio que tanto necesitan este tipo de peles.
  • Tratamento antidade Se o que buscas é combater os efectos do paso do tempo na túa pel, confía neste tratamento que se basa nunha masaxe fisioactiva profunda combinada cos mellores activos epixenéticos.
  • Tratamento antimanchas (ácidos) Coa aplicación de diferentes ácidos e a combinación coa microdermoabrasión, combatemos e limitamos as discromías da pel para lograr ese tono homoxéneo e luminoso.
  • Tratamento específico para a olleira Dende Parches de Coláxeno Nativo cun un efecto antiedade moi refrescante, ata un tratamento Global Eyecon para todo o orbicular dos ollos; que a base de ácidos e cocktel de vitaminas revitalízao totalmente conseguindo unha mirada despexada e libre de fatiga.
  • Microneedling Perfecto para combater os signos da idade e tratar imperfeccións na pel do rostro. Produce unha bioestimulación celular que multiplica a eficacia e maximiza os resultados do tratamento.
Tratamientos faciais

Tratamentos capilares

  • INDIBA Capilar Se estás buscando un tratamento que axude a combater a caída do cabelo, a fortalecer o pelo e incluso a prever a caída, non dubides en confiar nos tratamentos de INDIBA.
  • Microneedling Co microneedling conseguimos promover a creación de coláxeno e elastina para combater a caída do cabelo.
Tratamentos capilares