Rexistro Sanitario NRS: C-15-004378

Expertos en coidar do teu benestar

Nas instalacións de LB Equipo Estético, poderás gozar do asesoramento dun equipo de profesionais cunha longa traxectoria no sector da estética. Na nosa clínica en Boiro, contamos cunha gran variedade de tratamentos, co fin de que poidas seleccionar aquel que mellor se adapte as túas necesidades e obxectivos.

Ademais, coa fin de obter os mellores resultados nos tratamentos que realizamos, traballamos con produtos sempre de primeira calidade e a tecnoloxía punteira do mercado. De este xeito, combinando a nosa aparatoloxía coa experiencia dos profesionais que formamos LB Equipo Estético, conseguirás lucir a túa mellor versión.

Non o dubides, ponte en contacto connosco e consúltanos todas as túas dúbidas. ¡Esperámoste!

Medicina estética

Medicina estética

O noso campo de medicina estética está ben cuberto grazas á doutora que traballa connosco, quen poderá ofrecerte o mellor tratamento para ti.

Entre os nosos tratamentos de medicina estética, poderás atopar tratamentos faciais, tratamentos corporais, tratamentos capilares e tratamentos de beleza íntima. Todos estes servizos veñen acompañados da experiencia do profesional que os realiza, o que garante unha perfecta execución e un mellor resultado.

Estética facial

No noso centro de estética en Boiro, deseñaremos un plan de tratamento de estética facial expresamente para ti, coa fin de restaurar a funcionalidade e o aspecto da túa pel. Contamos cunha gran variedade de tratamentos cos que podemos combater o envellecemento, as manchas, a acne, a falta de luminosidade, sequidade, exceso de sebo ou hipersensibilidade.

Estética corporal

A túa pel presenta celulite, flaccidez, graxa localizada, retención de líquidos, estrías? Gracias ós tratamentos corporais que realizamos en LB Equipo Estético, obtemos grandes resultados empregando os mellores equipos chegando ata raíz do problema.

Todos os nosos tratamentos son innovadores e están adaptados ás necesidades da persoa que vai recibir o servizo.

Masaxes

En LB Equipo Estético empregamos unha serie de técnicas de masaxe para aliviar as molestias en diferentes partes do corpo que poden ter a súa orixe en factores como unha mala postura, contracturas, estrés, sobrecarga muscular... Ademais de aliviar dores, as técnicas de masaxe tamén son utilizadas para remodelar a figura mobilizando a graxa. Este tipo de masaxe aplícase especialmente con movementos que permiten romper os nódulos graxos e tamén axuda a eliminar líquidos e mellora a circulación sanguínea e linfática.

Maderoterapia

Combina unha serie de masaxes con aceites esenciais (realizados con diferentes utensilios de madeira cunha función concreta) con múltiples beneficios como minimizar a retención de líquidos, tonificar e remodelar o corpo tratando a graxa localizada e mellorando o sustento da pel promovendo a produción de coláxeno e elastina. Ademais de ofrecer resultados e sensacións únicas!

A súa aplicación pode diferenciarse entre tratamentos estéticos ou relaxantes e de benestar, xa que é unha técnica holística empregada para aliviar o estrés, atenuar dores musculares e intervir positivamente no equilibrio enerxético da persoa que a recibe.

Medicina estética

Fototerapias e depilacións

En LB Equipo Estético empregamos diferentes fototerapias (IPL) para mellorar diferentes afeccións estéticas e dermatolóxicas e, ademais, tamén ofrecemos tratamentos de depilación láser, que che permitirá presumir de pel suave e lisa.

Ponte en contacto con nós e consulta sobre os nosos tratamentos de fototerapia, depilación láser e rexuvenecemento facial.

Ondas de choque

Permite mellorar o proceso biolóxico de reparación dos tecidos.

Microblading

O seu obxectivo é corrixir ou reconstruír unha cella carente ou ausente de pelo. Tamén se emprega para espesar ou escurecer as cellas existentes dándolles una forma definida.

Medicina estética

Asesoramento e diagnóstico personalizado

Queremos que os nosos clientes gocen dun asesoramento completamente personalizado e adaptado ás súas necesidades e obxectivos, por iso, nas nosas instalacións contamos cun espazo especialmente dedicado a ofrecer este servizo.

Pide unha cita en LB Equipo Estético e confía en nós para realizar calquera tipo de tratamento de estética ou de medicina estética.

Cosmética

Traballamos con cosmética de primeira calidade, consulta con nós todos os produtos dispoñibles. Poderemos asesorarte para que atopes aqueles que mellor se adapten ás túas necesidades.

Nutrición

Empregamos métodos de nutrición consciente e reeducación alimentaria, axudándoche a comer de xeito saudable, organizarte para facer a compra, e descubrir receitas novas e variadas; para deixar de estar sempre a dieta e lograr un cambio de hábitos real co que crear unha excelente relación coa comida.

Adestradora persoal

A nosa adestradora persoal poderá crear unha rutina adaptada á túa condición física, tempo dispoñible e ós teus obxectivos a cumprir. Nas nosas instalacións recibirás toda a atención que precisas para adestrar como nunca.

Medicina estética

Contacta connosco

Esperámoste na nosa clínica de medicina estética. Pide agora a túa cita.

Financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU. Así e todo, os puntos de vista e as opinións expresadas son únicamente os do autor ou autores e non reflicten necesariamente os da Unión Europea ou a Comisión Europea. Nin a Unión Europea nin a Comisión Europea poden ser consideradas responsables das mesmas.