Ninguén é coma ti, ese é o teu poder
LB Equipo Estético somos un centro de medicina estética ubicado en Boiro e contamos cun gran equipo de profesionais con experiencia no sector estético, da saúde, e da medicina estética.
Grazas ós nosos servizos e tratamentos, coidámoste e axudamos ó teu corpo a recuperar, manterse ou a superar a barreira entre onde estás e onde queres estar, o que nos convirte no teu aliado.
Confiar no noso centro de medicina estética en Boiro é garantía de calidade en tódolos servizos e garantía de resultados en tódolos tratamentos, grazas á combinación perfecta do noso equipo multidisciplinar ao que podes solicitar un asesoramento totalmente persoalizado.
Ponte en contacto connosco, solicita unha cita na nosa clínica e déixate aconsellar polos profesionais que formamos LB Equipo Estético.

Por que confiar en LB Equipo Estético?
Experiencia
Contamos cunha dilatada experiencia en tratamentos estéticos.
Aparatoloxía
Traballamos con moderna aparatoloxía de última xeración.
Formación
O noso equipo conta cunha formación extensa e específica.
Personalización
Todos os tratamentos son adaptados ós nosos pacientes.
Medicina estética
En LB Equipo Estético ofrecemos unha serie de tratamentos de medicina estética corporais, faciais, capilares e de beleza íntima, co fin de axudarte a lucir a mellor versión de ti mesmo.
O noso equipo de profesionais ofréceche asesoramento personalizado, co fin de que atopes o tratamento que máis se axuste ós teus obxectivos.
Ademais, nas nosas instalacións, completamente equipadas, contamos con todos os aparatos necesarios para realizar os tratamentos de medicina estética de forma óptima, asegurando os mellores resultados.

Servizos de estética en Boiro
Ademais dos nosos tratamentos de medicina estética, contamos cunha gran variedade de servizos estéticos, que permiten ós nosos pacientes seleccionar aquel que máis se adapte ás súas necesidades.
Ofrecemos servizos de nutrición, adestrador persoal, masaxes, estética facial, estética corporal... Non dubides en consultar co equipo de LB Equipo Estético, estaremos encantados de asesorarte persoalmente.
