A mesoterapia capilar é unha técnica minimamente invasiva que consiste na administración intradérmica de substancias bioactivas que conteñen: vitaminas, minerais, aminoácidos, factores de crecemento e péptidos biomiméticos que favorecen a síntese de queratina e fortalecen o folículo piloso.
En moitos casos, tamén se incorporan ácido hialurónico para mellorar a hidratación cutánea e factores de crecemento que estimulan a rexeneración celular e prolongan a fase anáxena (de crecemento) do cabelo.
Combinado con fórmulas para o control da caída administrados directamente no coiro cabeludo, este procedemento favorece a microcirculación local, estimula os folículos pilosos e mellora o metabolismo celular, contribuíndo á diminución da caída capilar e á recuperación da densidade e calidade do cabelo.
Para optimizar os resultados, a mesoterapia capilar adoita combinarse con outras terapias complementarias, como os factores de crecemento, INDIBA, a luz LED capilar, ou protocolos domiciliarios con cosmética tricolóxica e nutricosmética específica. A combinación destas técnicas potencia a acción rexeneradora e permite abordar de forma integral as diferentes causas da alopecia.
O tratamento adáptase ás características e necesidades de cada paciente, garantindo resultados progresivos e naturais.