Experiencia e innovación en LB Equipo Estético

En LB Equipo Estético traballamos coa última tecnoloxía para asegurar os mellores resultados en todos os nosos tratamentos. Ponte en contacto con nós e coñece da man dos nosos profesionais todos os nosos tratamentos.

Medicina estética

INDIBA

INDIBA é un tratamento que funciona con radiofrecuencia, na frecuencia de 448 kHz, e que leva no mercado sobre 35 anos.

Grazas a este tratamento xa son moitas as persoas que conseguen recuperarse con máis rapidez das súas lesións, xa sexan de carácter estético ou fisioterapéutico.

A tecnoloxía de INDIBA baséase na aplicación de hipertermia que activa a circulación sanguínea nutrindo e revitalizando as células.

Criolipólise

A criolipólise consegue eliminar as células adiposas grazas o arrefriamento cunha aplicación superficial. Este tratamento non é invasivo e, como a liposucción cirúrxica, é 100% efectivo e os resultados son visibles tras tres meses de aplicar o tratamento. Algunhas veces, nos casos máis resistentes, os resultados son visibles tres meses despois da segunda sesión.

Complementando este tratamento con masaxes de drenaxe linfático, poderás recuperar a túa figura eliminando as zonas rebeldes.

Presoterapia

A presoterapia é un tratamento que aplica presións de aire en diferentes partes do corpo para axudar á drenaxe linfática. Ademais, é beneficiosa para a circulación sanguínea e axuda a relaxarse.

Microneelding

Esta técnica incrementa de xeito moi significativo o paso transepidérmico dos principios activos que necesitemos empregar en tratamentos faciais, corporais ou capilares.

O dispositivo é totalmente seguro, rápido e eficaz, permitindo a regulación da profundidade e velocidade da micropunción para adecuarse a cada tratamento. Conta ademais cunhas agullas dun só uso concibidas co tamaño óptimo (12mm.) para vehiculizar os activos que empregamos tendo en conta o seu peso molecular. Feito crucial que transforma a permeabilización da barreira cutánea na súa función principal. EFICACIA CLÍNICA DEMOSTRADA.

IPL

É un tipo de láser que difire do normal en que elimina mellor o pelo máis claro ou rubio, custándolle menos que a un díodo. *incluso a pelusilla superficial.

É máis versátil e elimina todo tipo de pelo gracias á súa lonxitude de onda variable coa que consegue abarcar dende o pelo máis negro ata o máis claro.

Incluso se unha tipoloxía de pelo escura (que en principio veríase beneficiada en unha ou dúas sesións menos si empregásemos o láser convencional) cambia, e ó longo do tratamento vaise afinando ou mudando máis clara; o IPL vai ser en definitiva moito máis eficaz.

Ademais de todo isto, esta fototerapia permítenos traballar a nivel de hiperpigmentación para corrixir manchas e branquear zonas como as axilas; ou levar a cabo un tratamento de rexuvenecemento facial, co que a pel queda máis tersa e sobre todo máis luminosa.

Medicina estética
Medicina estética

Paleta Ultrasónica

A Paleta de Ultrasóns é un dispositivo que contribúe á eliminación de células mortas presentes na superficie da pel utilizando un sistema de vibración mecánica.

Ondas de choque

A tecnoloxía deste equipo baséase en xerar unha onda acústica caracterizada por un elevado pico de enerxía regulable en un rango determinado de frecuencia. A través de impulsos electromagnéticos xeramos unha presión mecánica que se traslada á zona interesada e irradia o seu tecido.

Isto provoca unha reacción natural de bioestimulación no tecido influíndo positivamente nun rango de condicións antálxicas (alivian a dor) que aluden ó sistema músculo-esquelético.

Ademais deste benestar global, as súas aplicacións estéticas son a osixenación do tecido, a redución de edemas e a estimulación da lipólise.

Depilación eléctrica

É un método considerado definitivo xa que o tipo de corrente que aplica vai deixando progresivamente ó folículo sen capacidade de rexenerarse (electrólise).

Ideal para esEs poucos pelos máis rebeldes tanto escuros como canos e tanto finos como grosos.

Bellaction Duo

É un equipo de masaxe fisioactiva tanto facial como corporal que consegue chegar ós tecidos máis profundos, como a musculatura ou o tecido adiposo onde se atopa a celulite máis rebelde, destruíndoa e favorecendo a súa drenaxe, tonificando e osixenando a pel e reducindo a flaccidez.

Mentres que reafirma, remodela, eleva, elimina os líquidos retidos e minimiza as tensións musculares e contracturas. Potencia con todo isto a nosa figura e tonifica as fibras musculares e todo o sistema vascular. Todo no mesmo tratamento!

Microblading

Esta novidosa técnica de maquillaxe semipermanente permite a creación dun deseño das cellas totalmente adaptado a cada persoa.

Realízase depositando manualmente mediante unha pluma ou indutor, un pigmento na derme papilar. O “pelo a pelo” acada un equilibrio e armonía que por si mesmos enmarcan o rostro dotándoo dunha expresividade enteiramente natural.

Compleméntase co MICROSHADING (efecto sombra) que intensifica a cor das cellas e mellora a súa forma.

Ademais permite embelecer o contorno dos beizos ou marcar o delineado dos ollos harmonizando o rostro e conseguindo o ansiado efecto de abrir e despexar a mirada

Medicina estética

Contacta connosco

Esperámoste na nosa clínica de medicina estética. Pide agora a túa cita.

Financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU. Así e todo, os puntos de vista e as opinións expresadas son únicamente os do autor ou autores e non reflicten necesariamente os da Unión Europea ou a Comisión Europea. Nin a Unión Europea nin a Comisión Europea poden ser consideradas responsables das mesmas.