Rexistro Sanitario NRS: C-15-004378

O noso centro de beleza axúdate a conseguir a imaxe que buscas

No noso centro de estética en Boiro, atoparás unha serie de servizos entre os que diferenciamos tratamentos corporais, tratamentos faciais e tratamentos capilares. Todos os tratamentos de estética avanzada son realizados por profesionais cunha ampla experiencia no sector, os que poderán aconsellarte e realizar o procedemento adecuado para ti. Para nós é fundamental coidar a beleza de todos os que confían no noso centro de tratamentos estéticos en Boiro.

Dentro do noso catálogo de tratamentos dispoñemos dunha gran variedade, para que poidas elixir tratamentos faciais ou corporais, segundo as túas necesidades. Ademais, tamén contamos con tratamentos capilares para que poidas coidar a túa melena. Se queres máis información sobre os nosos servizos ou desexas pedir unha cita no noso centro de beleza en Boiro, entón ponte en contacto. Estaremos encantados de resolver calquera dúbida que che poida xurdir.

Descobre as vantaxes dos nosos tratamentos de Indiba en Boiro

Un dos nosos tratamentos estrela é, sen dúbida, o noso tratamento de Indiba en Boiro. Esta aparatoloxía pode empregarse para todo tipo de tratamentos, tanto corporais, como faciais, como tamén capilares. Se estás a buscar un centro de beleza especializado en tratamentos de Indiba en Boiro, ¡entón acude a LB Equipo Estético!

Rexenera os tecidos

Grazas aos nosos tratamentos de Indiba en Boiro o que conseguimos é que todos os usuarios que o proban, consigan estimular a rexeneración dos tecidos, de esta forma revitalízase a nosa pel.

Tratamento non invasivo

Unha das maiores vantaxes de este tratamento de Indiba en Boiro é que é un tratamento non invasivo, o que quere dicir que non precisamos quirófano para conseguir uns resultados excelentes.

Rápido e eficaz

Os resultados de este tipo de tratamentos son visibles desde a primeira sesión e ademais, promete un acabado final efectivo. ¡Confía nos nosos tratamentos de Indiba en Boiro!

Os nosos tratamentos faciais faranche lucir un rostro perfecto

Hixiene facial

Un dos nosos tratamentos estéticos en Boiro é a hixiene facial. Esta desincrusta os poros, limpa en profundidade e elimina as impurezas da pel do rostro.

Hixiene facial + hidratación

Con este tratamento facial en Boiro o que podemos é eliminar o lixo do rostro e proporcionar un extra de hidratación.

Hixiene facial + INDIBA

Despois da limpeza, aplicamos o tratamento indicado en cada caso mediante INDIBA en Boiro, para obter resultados inmellorables.

Microdermoabrasión

É un sistema de peeling que se leva a cabo cun cabezal de punta de diamante e que acada un gran resultado homoxeneizando a textura cutánea e pulindo imperfeccións.

Tratamento Seborregulador

Abarcamos todo o proceso de saneamento da pel, dende desincrustar os poros ata a reestruturación funcional de todo o tecido para lograr o equilibrio que tanto necesitan este tipo de peles.

Tratamento antidade

Se o que buscas é combater os efectos do paso do tempo na túa pel, confía neste tratamento estético en Boiro que se basea nunha masaxe fisioactiva profunda combinada cos mellores activos epixenéticos.

Tratamento antimanchas (ácidos)

Coa aplicación de diferentes ácidos e a combinación coa microdermoabrasión, combatemos e limitamos as discromías da pel para lograr ese ton homoxéneo e luminoso grazas aos nosos tratamentos faciais en Boiro.

Tratamento específico para as olleiras

Dende Parches de Coláxeno Nativo cun un efecto antidade moi refrescante, ata un tratamento Global Eyecon para todo o orbicular dos ollos; que a base de ácidos e cóctel de vitaminas revitalízao totalmente conseguindo unha mirada despexada e libre de fatiga.

Microneedling

Perfecto para combater os signos da idade e tratar imperfeccións na pel do rostro. Produce unha bioestimulación celular que multiplica a eficacia e maximiza os resultados do tratamento estético en Boiro.

Descobre algúns os nosos tratamentos corporais en Boiro

Maderoterapia

Maderoterapia

Durante este tratamento corporal en Boiro estimúlanse diferentes zonas do corpo con utensilios de madeira para aliviar dolores musculares e articulares.

Bodyshock

Bodyshock

Co tratamento Bodyshock poderás combater a celulite en diferentes graos, obtendo os mellores resultados. Confía na tecnoloxía deste tratamento estético en Boiro.

Peeling corporal e hidratación

Peeling corporal e hidratación

Grazas aos nosos tratamentos corporais en Boiro, presumirás da mellor derme. Co peeling e a posterior hidratación conseguirás unha pel suave, nutrida e radiante.

Envolturas

Envolturas

Realizamos diferentes envolturas que permiten ós nosos clientes presumiren de pel radiante e hidratada. Solicita xa unha cita para probar os nosos tratamentos corporais en Boiro.

 Tratamentos estéticos ca última tecnoloxía para remodelar a túa figura

Tratamentos estéticos ca última tecnoloxía para remodelar a túa figura

No noso centro de beleza en Boiro contamos cunha gran variedade de tratamentos, e para algún deles empregamos a mellor aparatoloxía do mercado. Se queres coidar a túa imaxe e confiar nun centro de estética en Boiro de calidade, entón confía en LB Equipo Estético. Somos verdadeiros especialistas en tratamentos estéticos en Boiro.

INDIBA

Este tratamento de INDIBA pódese aplicar en diferentes zonas do corpo, conseguindo unha remodelación da silueta.

Bodyshock

Innovadoras solucións corporais con fórmulas adaptadas a cada necesidade e a cada indicación, avaladas por resultados contrastados.

Ondas de choque

As ondas de choque son útiles e efectivas para tratar diversas imperfeccións da pel do corpo.

INNOVATIVE

Con tratamento corporal INNOVATIVE pódense tratar os efectos da celulite e remodelar a silueta.

Saco-sauna

Este saco permite eliminar as toxinas do noso corpo, conseguindo a perda de volume e a mellora da circulación.

Presoterapia

Coa presoterapia conseguimos mellorar a circulación linfática, osixenando os tecidos e recuperando a elasticidade.

Microneedling

O microneedling é un tratamento que combate o envellecemento da pel e tratar cicatrices, mellorar o aspecto das estrías, arrugas...

Bellaction Duo

É un equipo de masaxe fisioactiva tanto facial como corporal que consegue chegar ós tecidos máis profundos, como a musculatura ou o tecido adiposo. Reafirma, remodela, eleva, elimina os líquidos retidos e minimiza as tensións musculares e contracturas.

Pide unha cita no noso centro de estética avanzada en Boiro

Si estás pensando en mellorar algún aspecto da túa imaxe, non dubides en contactar connosco. Pídenos asesoramento personalizado e goza dun servizo levado a cabo por profesionais experimentados. Confía na profesionalidade dos nosos tratamentos estéticos en Boiro.

Financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU. Así e todo, os puntos de vista e as opinións expresadas son únicamente os do autor ou autores e non reflicten necesariamente os da Unión Europea ou a Comisión Europea. Nin a Unión Europea nin a Comisión Europea poden ser consideradas responsables das mesmas.