Rexistro Sanitario NRS: C-15-004378

Nutrición clínica

É evidente que as dietas tradicionais non son efectivas, dando lugar ao tan coñecido "efecto rebote" e xerando sentimentos de ansiedade e culpa, ademais de propiciar trastornos da conduta alimentaria.

No noso enfoque, afastamos as consultas da rixidez das dietas e centramos na educación nutricional, tanto para nenos como para adultos.

¿Como o logramos?

Proporcionamos ferramentas e recursos prácticos para o día a día, permitindo unha alimentación consciente, equilibrada e saudable.

A nosa oferta inclúe a elaboración de menús semanais personalizados, aprendizaxe sobre etiquetado nutricional e recursos para a organización das comidas. Ademais, ofrecemos ferramentas específicas no caso de existir algunha patoloxía de base. A través da dietoterapia, abordamos tanto enfermidades metabólicas como neurolóxicas. O noso obxectivo vai máis aló de simplemente brindar información; aspiramos a que aprendas a nutrirte e gozar da comida sen restricións.

Nunha sociedade marcada pola gordofobia, consideramos crucial a presenza de nutricionistas que promovan a saúde en todas as tallas. Nas nosas consultas, o peso pasa a un segundo plano, dando prioridade a aspectos relacionados coa adquisición de conceptos clave en nutrición e alimentación.

O noso obxectivo vai máis aló de simplemente brindar información; aspiramos a que aprendas a nutrirte e gozar da comida sen restricións. Esforzámonos por axudarche a alcanzar os teus obxectivos nutricionais de maneira sostible e satisfactoria.

Nutrición clínica en Boiro
Ana Sieiro

Ana Sieiro

Nutricionista apaixonada pola educación nutricional, deixa atrás as tradicionais dietas e aposta por unha alimentación saudable que impacte positivamente tanto a nivel fisiolóxico como psicolóxico.

Formación académica

  • Máster propio "Experto en Nutrición Clínica Pediátrica" na Universidade Pablo Olavide de Sevilla.
  • Curso en Nutrición Materno Infantil impartido pola Escola Fass.
  • Curso de formación en Nutrición Materno Infantil impartido pola Escola Fass.
  • Curso de "Experto en Nutrición e Patoloxías Dixestivas" ofrecido polo Centro de Estudos Avanzados en Nutrición (CEAN).

Servizos ofrecidos

  • Mellora da composición corporal: perda de graxa e/ou aumento de masa muscular desde a educación nutricional.

  • Abordaxe nutricional en patoloxías: desde enfermidades metabólicas como obesidade ou diabetes, ata intolerancias/alergias, patoloxías dixestivas, aquelas relacionadas coa tiroide, hipercolesterolemia...

  • Cambio de hábitos a través da educación nutricional: aprender a comer saudable, a comer de forma consciente, a gozar da comida, a introducir vexetais de maneira diferente...

  • Elaboración de menús e dietas personalizadas: adaptadas ás características do paciente (obxectivo, preferencias, horarios...).

  • Nutrición materno-infantil:

    • Busca do embarazo

    • Lactancia materna e artificial

    • Alimentación complementaria

    • Nutrición na infancia (educación nutricional e abordaxe de patoloxías, alergias e intolerancias)

  • Colaboración co médico estético da clínica para obter mellores resultados cos tratamentos.

Transforma a túa beleza dende dentro cara fora!

Pensabas que os tratamentos estéticos eran todo o que necesitabas para unha transformación completa? A verdadeira maxia acontece cando nutrición e estética se unen para ofrecerche resultados que superan as túas expectativas. ¡A sinerxia perfecta: Nutricionista + Médico Estético!

O Poder do Combo

Sabías que unha dieta adecuada pode potenciar ó máximo os resultados dos teus tratamentos estéticos? Imaxina acelerar a recuperación, mellorar a elasticidade da túa pel e manter eses resultados con un só movemento: a combinación de nutrición persoalizada e tratamentos estéticos avanzados.

Máis alá do espello

Non se trata só de verse ben, senón de sentirse ben. A nosa nutricionista traballa en tándem cos nosos médicos estéticos para transformar a túa saúde e imaxe desde o interior.

O futuro é agora

Non se trata só do tratamento de hoxe, senón de construir unha mellor versión de ti mesma para o futuro. Co noso enfoque integrado, aprenderás hábitos alimentarios que maximizarán os resultados e farán que te sintas ben a longo prazo.

¿Lista para acelerar a recuperación? Unha dieta rica en antioxidantes e nutrientes específicos pode facer que os efectos dos teus tratamentos sexan visibles máis rápido e duren máis. ¡Esquécete dos tempos de espera interminables!

Transforma a túa beleza dende dentro cara fora!

¡A túa beleza, o noso compromiso!

¡Dobre impacto!

Nutrición máis estética, é igual a: ¡Resultados espectaculares!

Transformación rápida e duradeira

Combinamos a última tecnoloxía en tratamentos estéticos con nutrición personalizada para que notarás a diferenza desde a primeira sesión.

Expertas ó teu servizo

Os nosos médicos estéticos e nutricionista están aquí para guiar e apoiarche en cada paso do camiño.

Contacta cos nosos profesionais da nutrición clínica

Se queres saber máis información sobre este servizo, non dubides en poñerte en contacto connosco.