Rexistro Sanitario NRS: C-15-004378

Servizo totalmente personalizado

Esta técnica de maquillaxe semipermanente permite a creación dun deseño das cellas totalmente adaptado a cada persoa. Realízase depositando manualmente mediante unha pluma ou indutor, un pigmento na derme papilar.

O “pelo a pelo” acada un equilibrio e harmonía que por si mesmos enmarcan o rostro dotándoo dunha expresividade enteiramente natural. Compleméntase co microshading (efecto sombra) que intensifica a cor das cellas e mellora a súa forma.

Ademais permite embelecer o contorno dos beizos ou marcar o delineado dos ollos harmonizando o rostro e conseguindo o ansiado efecto de abrir e despexar a mirada.

Non dubides en contactar connosco

Descobre a arte da micropigmentación en LB Equipo Estético e realza a túa beleza natural con resultados impresionantes. Ideal para aqueles que buscan unha solución duradeira que simplifique a súa rutina diaria de maquillaxe. Non esperes máis para transformar e rexuvenecer a túa aparencia. Contacta connosco e programa a túa cita para descubrir como a micropigmentación pode cambiar a túa vida.