Imperfeccións
As imperfeccións da pel, como o acné inflamatorio con póstulas e nódulos, as infeccións cutáneas que requiren atención especializada, e os persistentes comedóns (puntos negros e brancos), son problemas comúns que poden afectar significativamente a aparencia e a confianza que o tratamento de k-láser pode solventar nunha soa sesión.
Pel sensible
Calma a pel, reduce a inflamación, fortalece os vasos sanguíneos e mellorar a aparencia da pel, solucionando afeccións como a rosácea, as telanxiectasias e o couperose. Ademais, axuda a reparar capilares rotos e microvarices superficiais.
Manchas e cicatrices
Este tratamento está deseñado para reducir a hiperpigmentación, aclarando eficazmente as manchas existentes producidas polo sol, a idade ou outras causas. Ademais, suaviza a aparencia das cicatrices, mellorando a textura xeral da pel e promovendo un ton máis uniforme e luminoso.
Lesións cutáneas benignas
Coma os acrocordóns ou as verrugas, elimínanse de forma segura e eficaz minimizando o risco de cicatrices e mellorando a aparencia da pel.
Flaccidez e perda de densidade
O K-Lase é un tratamento de rexuvenecemento facial sen agullas nin intervencións invasivas co que conseguimos estimular a produción de coláxeno e elastina, reafirmando o rostro, mellorando a textura da pel e restaurando a súa vitalidade de forma natural.
Coidados post-tratamentos
A recuperación despois de tratamentos estéticos invasivos, coma os peelings, é crucial para optimizar os resultados e minimizar os riscos. K-Lase pode ser un aliado valioso neste proceso, axudando a acelerar a curación da pel, reducir o inchazo, e estimular a rexeneración dos tecidos, promovendo unha recuperación máis rápida e confortable e contribuíndo a un mellor resultado final.