Rexistro Sanitario NRS: C-15-004378

A TERAPIA FOTOBIODINÁMICA QUE TRANSFORMA A TÚA PEL

Publicado: 11 de outubro de 2025, 10:24
  1. Sala de Actividades
A TERAPIA FOTOBIODINÁMICA QUE TRANSFORMA A TÚA PEL

O Fotoage de Skymedic é unha terapia fotobiodinámica avanzada que combina a luz LED con activos cosméticos de alta eficacia para reactivar os mecanismos naturais da túa pel.

A luz LED estimula  os procesos biolóxicos naturais que favorecen a rexeneración celular, mentres que os activos aplicados potencian o efecto, achegando nutrientes necesarios e protección antioxidante.
É un tratamento totalmente persoalizado, porque se adapta ó que a túa pel necesita en cada momento.

Traballamos con distintos protocolos adaptados a cada tipo de pel e preocupación estética:

·  Blemish: ideal para peles mixtas, graxas ou acnéicas. Regula o exceso de sebo, reduce imperfeccións e mellora o aspecto dos poros, deixando unha pel máis limpa e equilibrada. Acción antibacteriana.

·  Wrinkles: pensado para peles maduras ou con signos de envellecemento. Estimula o coláxeno e a elastina, suaviza engurras e devolve firmeza e elasticidade.

·  Dark Spots: combate manchas e alteracións da pigmentación. Unifica o tono e ilumina o rostro, apto para melasma.

·  Redness: indicado para peles sensibles ou con rosácea. Calma, reduce a inflamación e reforza a barreira cutánea.

·  Dark Circles: deseñado para tratar a zona das olleiras. Ilumina o contorno, mellora a microcirculación e reduce bolsas e sombras para unha mirada máis descansada.

 

Ademais destes protocolos, contamos cun tratamento máis completo e avanzado que combina o Fotoage co microneedling.
Esta técnica crea microcanles controladas na superficie da pel, o que permite que os activos penetren en profundidade e multipliquen o efecto do tratamento.

Esta opción está pensada para persoas que buscan un tratamento global de rexeneración e luminosidade

O resultado é unha pel máis luminosa, uniforme, hidratada e con mellor textura, sen agresións nin tempo de recuperación.

 É un tratamento non invasivo, indoloro e seguro, apto para todo tipo de peles, incluso as máis sensibles.

 

Noticias relacionadas

OS EXOSOMAS 17 Xan

OS EXOSOMAS

17/01/2025 Sala de Actividades
Inclúe  EXOSOMAS na túa rutina, inclúe a nosa revolución en tratamentos . Sabes que vantaxes e beneficios consiguen?   Promoven a renovación celular: gracias ó seu contido en proteínas e ácidos nucleicos promoven a correcta rexeneración da pel e cabelo. Melloran a firmeza e densidade da pel:
RETINOL 8 Out

RETINOL

08/10/2024 Sala de Actividades
O Retinol é un poderoso ingrediente activo todoterreo, capaz de contrarrestar os efectos negativos do verán,  devolvéndolle á pel todo o seu esplendor. É un ingrediente potente e eficaz, pero pode ser irritante se non se utiliza correctamente. AO ELEXIR UN RETINOL EVITA PRODUCTOS DE MALA
REVERSO - O FUTURO DO REXUVENECEMENTO NA TÚA PEL 15 Xan

REVERSO - O FUTURO DO REXUVENECEMENTO NA TÚA PEL

15/01/2024 Sala de Actividades
Reverso é un avanzado dispositivo de radiofrecuencia fraccionada que permite unha alta rexeneración e rexuvenecemento da pel eficiente. O dispositivo incorpora varias solucións tecnolóxicas innovadoras, que garantizan un tratamento adaptado ao paciente e resultados clínicos óptimos, mantendo o máis
OS TRATAMENTOS MÁIS DESEXADOS ESTAS FECHAS 30 Nov

OS TRATAMENTOS MÁIS DESEXADOS ESTAS FECHAS

30/11/2023 Sala de Actividades
Ás veces o estrés previo ás vacacións pode facer que cheguemos ao Nadal e á Noitevella con algúns signos de esgotamento, como sequedade, olleiras e engurras. Cómo estar radiante nesta época de ceas de empresa, reencontros con amigos e comidas familiares? Propoñémosche os mellores tratamentos para