Image header Left

Si, é o teu momento

Image header Right

Temas

PRODUTOS ILUMINADORES

15/09/2022
  1. Sala de Actividades

VAGHEGGI

WHITE MOON

Esta línea axuda a homoxeneizar a pel en color e tono aportando gran frescura e luminosidade. O concentrado iluminador é un complexo anticontaminación con pigmentos de efecto iluminador e recheo, que deixa a pel homoxénea e lustrosa optimizando a acción antienvellecemento.

PRODUTOS ILUMINADORES - Imagen 10

LIME

O obxectivo desta liña é despertar e iluminar a pel do rostro, ademáis de protexela e nutrila cunha potente acción antioxidante e antienvellecemento. Aliada perfecta en tódolos tratamentos previos e posteriores á exposición solar.

    -CREMA

Actúa como un antiestrés de día e noite  aumentando a actividade estimulante co que ademáis de iluminar aporta elasticidade á pel do rostro e escote.

PRODUTOS ILUMINADORES - Imagen 9

   -FLUÍDO

Emulsión fluída para o tratamento intensivo das peles estresadas (axentes externos, pantallas, fumadoras…). Estimula e protexe a epidermis, acondicionando a nosa pel e volvéndoa máis compacta, clara e luminosa en pouco tempo.

PRODUTOS ILUMINADORES - Imagen 5

 

MESOESTETIC

BRIGHTENING PEEL BOOSTER

Xel non graxo de acción renovadora e aclarante baseado na combinación sinérxica do ácido glicólico e do ácido fítico. A alta capacidade exfoliante e rexeneradora do ácido glicólico produce unha descamación suave, reducindo o estrato córneo o que permite potenciar a acción antioxidante e despigmentante do ácido fítico. Disminúe ademáis a actividade melanoxénica, obtendo unha pigmentación máis homoxénea.

Aumenta de xeito significativo a hidrataciónl da pel, reactiva a renovación celular, á vez que axuda a reducir as lesión e irregularidades pigmentarias. Os poros redúcense visiblemente e as discromías difumínanse, deixando a pel máis clara e luminosa, cun tono uniforme. Ó ser un produto a base de ácidos o momento de emplealo será pola noite.

PRODUTOS ILUMINADORES - Imagen 4

AOX FERULIC

Sérum con textura lixeira que gracias a súa acción revitalizante proporciona unha luminosidade inmediata na pel. Ademáis conta cun complexo de alta concentración de activos que lle confire propiedades antioxidantes e protectoras celulares. Indicado en todo tipo de pel.

PRODUTOS ILUMINADORES - Imagen 2

AMPOLLAS FLASH

Están indicadas como tratamento antiedade diario para todo tipo de peles e tratamento de choque en peles fatigadas. Ademáis como contan cun efecto tensor e iluminador inmediato poden utilizarse como tratamento puntual de beleza inmediata antes da aplicación do maquillaxe para perfeccionar o acabado sobre a pel. Textura lixeira de rápida absorción que proporciona suavidade e confort.

PRODUTOS ILUMINADORES - Imagen 3

 

EBERLIN

LE BLANCH

Toda a línea conforma un tratamento integral de aclaramento e uniformidade da pel. O Booster de Le Blanch é un potenciador en tódolos tratamentos antimanchas xa que contribúe na unificación do tono dos tecidos da epidermis e na desaparición e prevención de discromías. Elimina a melanina que se vai agrupando en grandes cantidades dando lugar ás hiperpigmentacións mediante a exfoliación e renovación da pel. Podemos utilizalo como potenciador no tratamento domiciliario ou como complemento no uso en cabina profesional.

PRODUTOS ILUMINADORES - Imagen 6

VIT & ANTIOX

Esta línea é ideal para peles envellecidas prematuramente xa que a súa biotecnoloxía proporciona un gran aporte vitamínico. Son fórmulas indicadas para ofrecer maior resistencia ós estados de estrés, así como para previr o envellecemento prematuro e arrugas tempranas. Os seus principios activos estimulan o bo funcionamento da pel e osixenandoa co que consigue que esté sana e luminosa.

PRODUTOS ILUMINADORES - Imagen 7

AMPOLLAS VIT C

A base de vitamina C pura e estabilizada, inhibe a formación de melanina e aclara as manchas. Conteñen retinol co que ademáis de aportar luminosidade e homoxeneidade ó rostro, suaviza arrugas, liñas de expresión e marcas de acné. Aplícanse pola noite como tratamento iluminador antiedade ou como cura intensiva nas peles máis castigadas.

 

PRODUTOS ILUMINADORES - Imagen 8

 

Noticias relacionadas

¿QUÉ TRATAMENTOS PODO FACER DESPOIS DO VERÁN?

15/09/2022
  Cando voltamos do verán despois dos días de praia e piscina, percibimo os efectos negativos derivados da exposición ó sol que a nosa pel absorbe e do resto de axentes externos que provocan diferentes efectos na pel: - Pérdida de hidratación, que provoca descamación, pel seca e novas arrugas.-

DRENAXE LINFÁTICO RENATA FRANCA

26/07/2022
O Método Renata França é unha técnica brasileña de masaxes de resultado inmediato basado na reducción de medidas corporais a través da eliminación da retención de líquidos intersticiais e linfa. As maniobras repetitivas, rítmicas e diferenciadas están enfocadas en eliminar os líquidos e toxinas

BODY SHOCK

18/07/2022
Reafirma a túa pel, define a  túa silueta e disminúe o volume corporal de forma personalizada   Body Shock é un tratamento médico estético capaz de remoledar a túa figura sen ciruxía e de forma completamente sana e sin esforzo. Trátase dun tratamento corporal que se realiza con cosmética de uso

BELLACTION DUO

12/07/2022
Bellaction Duo é un sistema de masaxe fisioactivo que está inspirado en movementos das mans da profesional, capaz de acceder os texidos máis profundos, onde solo coas mans non se pode chegar. Comprime e se desliza en superficie, non succiona, non tracciona nin estira, a diferenza do resto de

Compárteo!